Carpegna Prosciutto Pesaro | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | LBA |
Alcume | VL, Vuelle |
Fundación | 1946 |
Cores | Vermello, branco |
Presidente | Ario Costa |
Adestrador | Luca Banchi |
Patrocinador | Carpegna Prosciutto |
Localización | |
Cidade | Pesaro, Italia |
Pavillón | Vitrifrigo Arena |
Capacidade | 10 323 |
Inauguración | 1996 |
Campionatos | |
Recopa | 1 (1983) |
Liga | 2 (1988, 1990) |
Copa | 2 (1985, 1992) |
victorialibertas.it |
O Victoria Libertas, oficialmente Unione Sportiva Victoria Libertas Pallacanestro e por motivos de patrocinio Carpegna Prosciutto Basket Pesaro, é un club de baloncesto profesional italiano con sede na cidade de Pesaro, As Marcas. O club compite actualmente na Lega Basket Serie A, máxima categoría do baloncesto transalpino. O equipo é popularmente coñecido en Europa como Scavolini Pesaro debido ao seu histórico patrocinador Scavolini (de 1975 a 2014), unha empresa adicada ao deseño e manufacturación de cociñas, cuxo cofundador, Valter Scavolini, era presidente do club. Actualmente é coñecido como Consultivest Pesaro.
Fundado en 1947, o club viviu os seus mellores tempos nos anos 1980 e comezos dos anos 1990, nos que gañou dúas Ligas, dúas Copas, ademais de disputar tres finais da Recopa de Europa de Baloncesto, a cal consegui gañar en 1983. O VL xoga os seus encontros como local no Vitrifrigo Arena, o terceiro maior pavillón cuberto de Italia ao poder albergar 10 323 espectadores.