Videoclip

Un vídeo musical[1] ou videoclip[2] é unha curtametraxe realizada principalmente para a súa difusión en vídeo e televisión, que ofrece unha representación visual dunha canción. Os vídeos musicais adóitanse realizar con multitude de efectos visuais e electrónicos. Son producións moi vivas que teñen por obxectivo chamar a atención do telespectador. É o medio audiovisual no que hai máis creatividade e máis experimentación. Os profesionais que operan neste sector deben ter en conta numerosas consideracións técnicas. O vídeo musical componse de campos, planos, movementos de cámara máis ou menos complexos e iluminación.

O videoclip estrutúrase en función do tema musical que representa, é dicir, a propia pertenza ao xénero afírmase a través dunha serie de elementos visuais aos que se ten que cinguir.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Vídeo musical.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Videoclip.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne