Videoxogo de estratexia

Os videoxogos de estratexia son videoxogos que requiren que o xogador poña en práctica as súas habilidades de planificación e pensamento para manobrar, xestionando recursos de diverso tipo (materiais, humanos, militares...), conseguir a vitoria. Na maioría dos videoxogos de estratexia, "ao xogador concedéselle unha vista do mundo absoluta, controlando indirectamente as unidades baixo o seu poder".[1]

"A orixe dos videoxogos de estratexia está fortemente vinculado cos seus curmáns próximos, os xogos de mesa de estratexia".[1]

  1. 1,0 1,1 Rollings, Andrew; Ernest Adams (2003). Andrew Rollings and Ernest Adams on Game Design. New Riders Publishing. pp. 321–345. ISBN 1592730019. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2008. Consultado o 17 de decembro de 2017. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne