![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2012.) |
Wien (de) ![]() | |||||
Himno | sen valor ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Wien (en) ![]() ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Austria ![]() | ||||
Enclave en | Baixa Austria ![]() | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.973.403 (2022) ![]() | ||||
Lingua usada | alemán de Austria ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 414,78 km² ![]() | ||||
Bañado por | Río Danubio, Wien (en) ![]() ![]() ![]() | ||||
Altitude | 151 m-198 m-542 m ![]() | ||||
Punto máis alto | Hermannskogel (pt) ![]() ![]() | ||||
Punto máis baixo | Lobau (pt) ![]() ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Baixa Austria Sankt Pölten-Land (pt) ![]() Tulln (pt) ![]() Mödling (pt) ![]() Gänserndorf (pt) ![]() Bruck an der Leitha (pt) ![]() Korneuburg (pt) ![]() ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Fundador | celtas ![]() | ||||
Creación | século I a. C. ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Michael Ludwig (2018–sen valor) ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Municipal Council and Landtag of Vienna (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 1000–1239, 1400, 1402, 1251–1255, 1300–1301, 1421, 1423, 1500, 1502–1503, 1600–1601, 1810 e 1901 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 01 ![]() | ||||
ISO 3166-2 | AT-9 ![]() | ||||
Código NUTS | AT13 ![]() | ||||
Código municipal austríaco | 90001 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | wien.gv.at ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() |
Viena[1][2] (en alemán: Wien ( [viːn] (axuda · info); en bavarés: Wean)) é unha cidade situada en Europa Central, capital de Austria, ademais dun dos nove Bundesländer ou Estados austríacos. Situada á beira do río Danubio e ao pé dos primeiros cordais dos Alpes é, cunha poboación de arredor de 1,9 millóns habitantes (2,8 millóns coa área metropolitana),[3] a maior cidade e centro político e cultural do país.
Rodeada polo estado de Baixa Austria, a súa área metropolitana acada os 2 419 000 habitantes, poboación semellante á que tiña no ano 1914. A cidade ten unha longa historia, sendo unha das máis antigas capitais de Europa, polo que conta cun importante patrimonio artístico. Capital do Imperio Austrohúngaro medrou pasando a súa poboación de 724.000 habitantes en 1880 a 2 000 000 en 1910. Durante o século XIX foi unha das grandes capitais musicais do mundo e a principios do século XX un dos focos da filosofía e o debate político de Occidente, así como un dos principais centros culturais mundiais. Durante esa época constrúense grandes palacios arredor da Ringstraße, perímetro da muralla medieval reconvertida a amplo bulevar.
Durante a segunda guerra mundial foi bombardeada polas forzas aliadas e, até 1955, permaneceu baixo ocupación cuadripartita, xa que estaba controlada por soviéticos, franceses, estadounidenses e británicos, sistema semellante ao de Berlín. Está situada a 50 quilómetros de Bratislava (capital de Eslovaquia), ademais de estar conectada por unha ampla rede de autoestradas intereuropeas con Alemaña, República Checa e Eslovenia. A maioría da poboación que profesa unha relixión declárase católica.