![]() | Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Pontevedra ![]() | ||||
Capital | Vigo ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 293.977 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 109,06 km² ![]() | ||||
Bañado por | Océano Atlántico e ría de Vigo ![]() | ||||
Altitude | 28 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Abel Caballero (2007–) ![]() | ||||
Eleccións municipais en Vigo ![]() | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 36201–36216 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 36057 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | vigo.gal ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() |
Vigo ( pronunciación (axuda · info)) (tamén coñecida como a cidade olívica[1]) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana. A cidade atópase na beira sur da ría de Vigo, a máis meridional das Rías Baixas.
É un municipio costeiro das Rías Baixas que limita ao norte coa ría á que dá nome (ría de Vigo), ao nordés co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos do Porriño e Gondomar e ao suroeste co concello de Nigrán. Alén da ría e xusto fronte á cidade atópanse as vilas de Cangas e Moaña, a 5 e 3,6 km de distancia, respectivamente.
A cidade constitúe un dos motores económicos de Galicia. Con 480 525 habitantes na área metropolitana e 296 226 habitantes na cidade en xullo de 2023,[2] é o concello máis poboado de Galicia, o décimo cuarto de España, e o primeiro sen rango de capital de provincia.[3] A súa extensión é de 109,06 km². A densidade de poboación da área sitúase en 2720,45 hab/km² aínda que na zona urbana se incrementa notablemente.