Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo ![]() | ||||
Capital | Vilalba ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 13.787 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 379 km² ![]() | ||||
Altitude | 480 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa ![]() | Marta Rouco Seoane (2023–) ![]() | ||||
Eleccións municipais en Vilalba ![]() | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27800 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27065 ![]() | ||||
Sitio web | vilalba.gal ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Vilalba é un concello da provincia de Lugo, capital da comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2020 tiña 14 079 habitantes, dos que máis dun terzo viven no núcleo urbano. O seu xentilicio é «vilalbés» e tamén «chairego». O concello posúe unha densidade de poboación de 38,64 hab./km², e unha superficie de 379 km², o que o converte no segundo concello galego en extensión despois da Fonsagrada. Vilalba é a vila principal da súa comarca e a cuarta na provincia, xusto despois de Viveiro.
O concello de Vilalba atópase na metade norte da provincia de Lugo; limita polo norte cos concellos de Abadín, Muras e Xermade, polo sur, con Cospeito, Begonte e Guitiriz, polo leste, con Abadín e Cospeito e polo oeste, con Xermade e Guitiriz. A poboación de Vilalba distribúese nas 29 parroquias do concello, ademais do núcleo urbano da vila[1].
Vilalba (do latín Villam Albam, 'vila branca'), posúe un rico patrimonio arqueolóxico e cultural. O concello conserva un bo número de mostras de castros galaicos, entre os que destacan os castros de Gondaísque e Belesar. Dentro do seu patrimonio cultural destaca a Torre da homenaxe do desaparecido castelo de Vilalba, vencellada historicamente á casa dos Andrade, e convertida no século XX en parador de turismo.
Con respecto á industria, o concello caracterízase pola súa modesta industrialización, sendo as industrias existentes derivadas do sector primario, é dicir a agroalimentaria, representada por unha empresa multinacional de produtos lácteos, e algunhas pequenas industrias de embutidos, xamóns e de elaboración do queixo D.O. de San Simón. Porén, posúe un polígono industrial de considerable tamaño situado ao nordeste da vila.[2]
A gastronomía é un dos meirandes atractivos da vila na que hai que destacar o queixo de San Simón da Costa[3], o roscón de améndoas e os célebres capóns de Vilalba[4] que se comercializan nunha feira anual, que ten lugar o 21 de decembro.