Vilaquinte | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial | |
Concello | Carballedo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°29′52″N 7°45′08″O / 42.49791124, -7.75227129 |
Poboación | 92 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 18[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Vilaquinte é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 130 habitantes (70 mulleres e 60 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 145 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 101 habitantes, sendo 50 homes e 51 mulleres. En 2016, segundo o INE, tiña 97 habitantes, 49 mulleres e 48 homes.