Villains | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Queens of the Stone Age | ||||
Publicado | 25 de agosto de 2017 | |||
Gravación | xaneiro - marzo de 2017 | |||
Duración | 48:00 | |||
Xénero(s) | rock alternativo, hard rock, dance-rock, stoner rock, boogie rock | |||
Selo(s) | Matador Records | |||
Produtor | Mark Ronson, Mark Rankin | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Villains é o sétimo álbum da banda estadounidense de rock alternativo Queens of the Stone Age, publicado o 25 de agosto de 2017 a través do selo Matador Records. O disco anunciouse o día 14 de xuño cun avance en clave de parodia no que a banda realizaba unha proba de polígrafo co músico Liam Lynch. O seu primeiro sinxelo, "The Way You Used to Do", lanzouse o día seguinte co anuncio dunha xira mundial.[1][2] Villains non conta con músicos convidados como os anteriore álbums do grupo.[3]
O álbum recibiu polo xeral críticas positivas e funcionou ben comercialmente, chegando ao número 1 das listas da Billboard Top Alternative Albums e Top Rock Albums. Nos Grammy de 2018 foi nomeado ao premio ao "mellor álbum de rock", sendo gañado por The War on Drugs con A Deeper Understanding.[4]