Viminacium[1] foi unha importante cidade romana (capital provincial) na provincia de Moesia (a actual Serbia), e a capital de Moesia Superior.[2] Viminacium foi o campamento base da Legio VII Claudia, e anfitrioa durante algún tempo da IV Flavia Felix. Foi destruída polos invasores bárbaros.
O lugar é un xacemento arqueolóxico que dende 2018, tense escavado entre un 3-4%.[3]
O sitio atópase a uns 12 km da moderna cidade de Kostolac, unha pequena localidade no leste de Serbia ás beiras do Danubio.