Virunga | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Virunga |
Director | Orlando von Einsiedel |
Produtor |
|
Guión | Orlando von Einsiedel |
Música | Patrick Jonsson |
Fotografía | Franklin Dow |
Montaxe |
|
Estudio |
|
Distribuidora | Netflix |
Estrea | Tribeca: 17 de abril de 2014 |
Duración | 100 minutos |
Orixe | ![]() ![]() |
Xénero | Documental |
Na rede | |
http://virungamovie.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Virunga é un filme documental británico de 2014 dirixido por Orlando von Einsiedel. O filme céntrase nos traballos de conservación dos gardiáns do Parque Nacional de Virunga, na República Democrática do Congo durante o alzamento do grupo armado M23 en 2012 e investiga a actividade da compañía pretoleira británica Soco International dentro do parque que é Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.[1] Soco International acabou explorando oficialmente as oportunidades petroleiras en Virunga en abril de 2014.[2] O filme estreouse no Festival de Cinema de Tribeca o 17 de abril de 2014. Despois de estrearse a través de Netflix, foi nomeado ó Óscar ó mellor documental na 87ª edición dos premios.