State of West Virginia (en) | |||||
Himno | Take Me Home, Country Roads (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Montani Semper Liberi» | ||||
Símbolo oficial | Cardinalis cardinalis (pt) (aves) | ||||
Alcume | Mountain State | ||||
Epónimo | Colonia de Virxinia | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Capital | Charleston | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Escindido de | Virxinia | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.793.716 (2020) (28,58 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 734.235 (2020) | ||||
Lingua oficial | sen valor | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 62.755 km² | ||||
Auga | 0,79 % | ||||
Altitude | 455 m | ||||
Punto máis alto | Spruce Knob (en) (1.482 m) | ||||
Punto máis baixo | Río Potomac (110 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 20 de xuño de 1863 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | State of West Virginia (en) | ||||
• Governor of West Virginia (en) | Patrick Morrisey (pt) (2025–) | ||||
Órgano lexislativo | West Virginia Legislature (en) , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Tribunal Supremo de Apelacións de Virxinia Occidental | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | US-WV | ||||
Identificador GNIS | 1779805 | ||||
Sitio web | wv.gov | ||||
Virxinia Occidental[1] é un dos estados que conforman os Estados Unidos de América na rexión dos Apalaches. Virxinia Occidental separouse de Virxinia durante a guerra civil estadounidense no ano 1862, e foi admitida na Unión como estado separado o 20 de xuño de 1863. É o único estado formado como resultado directo da guerra civil, e o único formado da escisión dun estado preexistente.
Virxinia Occidental é coñecida polas súas montañas, pola súa minería do carbón e pola súa industria forestal. É tamén coñecida polas súas belas paisaxes naturais e como destino turístico para as persoas interesadas en actividades ao aire libre tales como o esquí, rafting en balsa, escalada, pesca, excursionismo e caza.
Virxinia Occidental ten fronteira con Pensilvania ao norte, con Ohio ao norte e ao oeste, con Kentucky ao oeste, por Maryland ao norte e ao leste e con Virxinia ao leste e ao sur. Os ríos Ohio e Potomac forman parte dos límites do estado.