Voay Rango fósil: 0,1 Ma-0,01 Ma[1] Plistoceno tardío. As diverxencias estimadas suxiren unha orixe no Oligoceno | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cranio, Museo Americano de Historia Natural | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||
† Voay robustus (Grandidier & Vaillant, 1872) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Crocodylus robustus Grandidier & Vaillant, 1872 |
Voay é un xénero de crocodilos extinguido de Madagascar, que viviu desde o Plistoceno tardío ata o Holoceno, que contén unha soa especie, V. robustus. Atopáronse numerosos subfósiles, incluíndo cranios completos, caracterizados polo seu distintivo par de cornos na parte posterior, así como vértebras e osteodermos atopados en lugares como Ambolisatra e Antsirabe (Madagascar). O xénero pénsase que se extinguiu en tempos relativamente recentes. Suxeriuse que desapareceu no episodio de extinción que fixo desaparecer boa parte da megafauna endémica de Madagascar, como a ave elefante e o hipopótamo malagaxe, coincidente coa chegada dos humanos a Madagascar arredor de hai 2000 anos.[2] O seu nome procede da palabra que significa crocodilo en lingua malgaxe.