Volta a Portugal

Modelo:Competición deportivaVolta a Portugal
Imaxe
Tipocarreira por etapas Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónPortugal 39°N 9°O / 39, -9 Editar o valor en Wikidata
Vixencia1927 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadaagostoEditar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialvolta-portugal.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: voltaaportugal Twitter: VoltaPortugal Instagram: voltaportugal Editar o valor en Wikidata

A Volta a Portugal (oficialmente: Volta a Portugal em Bicicleta / Liberty Seguros é unha carreira ciclista por etapas, organizada pola empresa Lagos Sports, que se disputa en Portugal polo xeral a mediados do mes de agosto.

Creada en 1927, até 2015 téñense celebrado 77 edicións desta proba. A carreira consta dunha prólogo e 10 etapas, rematando a última delas en Lisboa. Adoita haber unha etapa contra o reloxo e cando menos dúas etapas con final en alto (son tradicionais as etapas con ascensión final ó alto da Senhora da Graça e ó alto da Torre). Entre 1940 e 1980 a carreira duraba 3 semanas. A pesar de ser unha proba con moita tradición, a Volta a Portugal quedou colocada entre o grupo de carreiras de segundo nivel en 2005, coa creación do circuíto UCI ProTour. Actualmente forma parte do UCI Europe Tour coa categoría 2.1.

Considerada a carreira ciclista máis importante de Portugal, por diante da Volta ó Algarve e a Volta ó Alentexo, recibe o alcume de La Grandíssima.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne