Volutas en chapitel xónico.Volutas en chapitel composto segundo Vignola.
Unha voluta (do latín voluta, de volvere, dar voltas) é un ornamento en forma de espiral, característico do capitel xónico[1][2]. Posteriormente foron incorporadas nos chapiteis das columnas das ordes corintias e compostas. Normalmente se encontran catro volutas nos chapiteis xónicos, oito nos chapiteis compostos e versións máis reducidas (ás veces chamadas helix) nos corintios.[3]