Voo 1282 de Alaska Airlines | |
---|---|
![]() O avión tras o incidente sen o panel da porta
| |
Resumo | |
Data | 5 de xaneiro de 2024 |
Causa | baixo investigación |
Lugar | no aire preto de Portland, Oregón |
Orixe | aeroporto de Portland |
Destino | aeroporto de Ontario |
Feridos | 3 (leves) |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Boeing 737 MAX 9 |
Operador | Alaska Airlines |
Rexistro | N704AL |
Pasaxeiros | 171 |
Tripulación | 6 |
Superviventes | 177 (todos) |
O voo 1282 de Alaska Airlines era un servizo regular doméstico estadounidense operado por Alaska Airlines dende o aeroporto internacional de Portland en Oregón ata o aeroporto internacional de Ontario en California. Pouco despois de engalar o 5 de xaneiro de 2024, un panel instalado para substituír unha porta de emerxencia opcional no Boeing 737 MAX 9 que realizaba o voo explotou cara fóra causando unha descompresión descontrolada do aparello.[1] O avión regresou inmediatamente a Portland para realizar unha aterraxe de emerxencia. Os 171 pasaxeiros e 6 tripulantes a bordo sobreviviron ao incidente. A Xunta Nacional de Seguridade no Transporte (NTSB) está investigando a causa do accidente.