Voo 245 de Air India | |
---|---|
![]() Lockheed Constellation semellante ao do accidente
| |
Resumo | |
Data | 3 de novembro de 1950 |
Causa | voo controlado contra o terreo |
Lugar | Mont Blanc |
Coordenadas | |
Finados | 48 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Lockheed L-749A Constellation |
Operador | Air India |
Rexistro | VT-CQP |
Pasaxeiros | 40 |
Tripulación | 8 |
Superviventes | 0 |
O voo 245 de Air India era un servizo regular de pasaxeiros que se esnafrou no Mont Blanc, Francia, o día 3 de novembro de 1950. Na mañá dese día o Lockheed L-749A Constellation Malabar Princess, con rexistro VT-CQP, pilotado polo piloto xefe Alan R. Saint, británico de 34 anos, e o copiloto V. Y. Korgaokar chocou contra o Mont Blanc. No avión, que realizaba unha ruta entre Bombai e Londres, con escalas en Istambul e Xenebra, ían 40 pasaxeiros e 8 tripulantes. No accidente morreron todos os ocupantes do aparello.[1][2][3]