Voo 517 de Eastwind Airlines

Voo 517 de Eastwind Airlines
O avión dous anos despois do incidente
Resumo
Data  9 de xuño de 1996
Causa  temón inmobilizado
Lugar  aeroporto de Richmond
Coordenadas 
Orixe  aeroporto de Trenton-Mercer
Destino  aeroporto de Richmon
Finados  0
Feridos  1
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 737-2H5
Operador  Eastwind Airlines
Rexistro  N221US
Pasaxeiros  48
Tripulación  5
Superviventes  53

O voo 517 de Eastwind Airlines era un servizo de pasaxeiros dende Trenton, Nova Jersey a Richmond, Virxinia. O día 9 de xuño de 1996 a tripulación do Boeing 737-200 que operaba a ruta perdeu temporalmente o control debido ao mal funcionamento do temón. A tripulación foi capaz de recuperar o control e aterrar o aparello con éxito. Unha persoa a bordo resultou ferida.

O voo 517 foi clave na resolución da causa dos problemas de temón do Boeing 737 que anteriormente causaran dous accidentes mortais. O voo 517 foi o primeiro en sufrir eses problemas e aterrar con seguridade, permitindo aos investigadores entrevistar aos pilotos sobre a súa experiencia e estudar o avión.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne