Voo 610 de Lion Air

Voo 610 de Lion Air
O 737 MAX 8 do accidente
Resumo
Data  29 de outubro de 2018
Causa  caeu no océano pouco
despois de engalar
Lugar  mar de Xava
Coordenadas 
Orixe  aeroporto Soekarno-Hatta
Destino  aeroporto Depati Amir
Finados  189 (todos)
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 737 MAX 8
Operador  Lion Air
Rexistro  PK-LQP
Pasaxeiros  181
Tripulación  8
Superviventes  0

O voo 610 de Lion Air era un voo regular doméstico de pasaxeiros operado pola aeroliña indonesia Lion Air entre o aeroporto internacional Soekarno-Hatta en Iacarta e o aeroporto Depati Amir en Pangkal Pinang. O día 29 de outubro de 2018 o Boeing 737 MAX 8 que operaba a ruta esnafrouse 13 minutos despois da engalaxe.[1][2] Restos do aparello foron atopados no mar de Xava, fóra da costa de Xava.[3] As autoridades concluíron que os 189 tripulantes e pasaxeiros morreron no choque.[4]

Trátase do accidente con máis vítimas mortais dun Boeing 737, superando ao voo 812 de Air India Express ocorrido en maio de 2010.[5]

  1. "Boeing Plane Goes Down With 189 People in 737 Max's First Crash". Bloomberg. Consultado o 30 de outubro de 2018. 
  2. "Pesawat Lion Air JT-610 Rute Jakarta-Pangkal Pinang Hilang Kontak". Kompas. Consultado o 30 de outubro de 2018. 
  3. "'All dead': Lion Air flight crashes in Indonesia". The Sydney Morning Herald. Consultado o 30 de outubro de 2018. 
  4. "Lion Air plane crash latest: 'No survivors' after Indonesia passenger jet crashes with 189 on board". Evening Standard. Consultado o 30 de outubro de 2018. 
  5. "Accidentes do Boeing 737". Aviation Safety Network. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2012. Consultado o 30 de outubro de 2018. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne