Voo 90 de Air Florida

Voo 90 de Air Florida
Boeing 737-222 semellante ao do accidente
Resumo
Data  13 de xaneiro de 1982
Causa  conxelación
Lugar  río Potomac
Coordenadas 
Orixe  aeroporto Ronald Reagan
Derradeira escala  aeroporto de Tampa
Destino  aeroporto de Fort Lauderdale
Finados  78 (4 en terra)
Feridos  9
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 737-222
Operador  Air Florida
Rexistro  N62AF
Pasaxeiros  74
Tripulación  5
Superviventes  5

O voo 90 de Air Florida era un voo regular doméstico de pasaxeiros operado por Air Florida dende o aeroporto Washington National (no presente aeroporto nacional Ronald Reagan de Washington) ata o aeroporto de Fort Lauderdale-Hollywood, cunha escala no aeroporto de Tampa. O 13 de xaneiro de 1982 o Boeing 737-222 con rexistro N62AF esnafrouse contra a ponte da rúa 14 sobre o río Potomac, a só dúas millas da Casa Branca.[1]

O aparello golpeou contra a ponte, por onde pasa a Interestatal 395 entre Washington, D.C. e o condado de Arlington, Virxinia. Impactou contra varios vehículos na ponte e esnaquizou 30 metros de peitoril[2] antes de mergullarse no xeo do río Potomac. O avión levaba 74 pasaxeiros e 5 tripulantes. Catro pasaxeiros e unha asistente de voo foron rescatados e sobreviviron. Outro pasaxeiro, Arland D. Williams, Jr., axudou no rescate dos superviventes, pero afogou antes de ser rescatado. Catro condutores na ponte tamén morreron. Os superviventes foron rescatados do río conxelado por civís e profesionais. O presidente Ronald Reagan eloxiou estes actos durante o seu discurso do Estado da Unión poucos días máis tarde.

A NTSB determinou que a causa do accidente foi un erro dos pilotos que non activaron os sistemas de protección contra o xeo internos dos motores, usaron a reversa nunha tormenta de neve antes da engalaxe, intentaron usar a saída de gases dun avión diante deles para derreter o seu xeo, e fallaron en abortar a engalaxe despois de detectar un problema de potencia mentres rodaban vendo acumulación de xeo e neve nas ás.

  1. Editors, History com. "Plane crashes into Potomac". HISTORY (en inglés). Consultado o 2019-01-03. 
  2. "Informe do accidente" (PDF). NTSB. Consultado o 2019-1-4. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne