Walk the Sky | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Alter Bridge | ||||
Publicado | 18 de outubro de 2019 | |||
Gravación | marzo-maio de 2019 | |||
Duración | 60:20 | |||
Xénero(s) | hard rock, heavy metal, rock electrónico | |||
Selo(s) | Napalm Records | |||
Produtor | Michael Baskette | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Walk the Sky é o sexto álbum de estudio da banda estadounidense de metal alternativo Alter Bridge, publicado o 18 de outubro de 2019 a través do selo Napalm Records. Foi producido polo seu colaborador habitual Michael Baskette, que produciu todos os discos do grupo dende o Blackbird de 2007. O primeiro sinxelo do traballo foi "Wouldn't You Rather", foi lanzado o día 28 de xuño. O segundo, "Pay No Mind", apareceu o 25 de xullo. As cancións "Take The Crown", "In the Deep" e "Dying Light" tamén serían publicadas como sinxelos. A arte do disco foi deseñada por Dan Tremonti, irmán do guitarrista Mark Tremonti. Xunto co anuncio do lanzamento deste álbum, tamén se revelou que a banda iniciaría unha xira europea con Shinedown, Sevendust e The Raven Age a finais do ano 2019.[1]