![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xuño de 1878 ![]() Colne, Reino Unido (pt) ![]() ![]() |
Morte | 15 de abril de 1912 ![]() océano Atlántico Norte ![]() |
Causa da morte | afogamento ![]() |
Lugar de sepultura | Colne (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Violín ![]() |
Ocupación | director de orquestra, líder de banda, violinista ![]() |
Período de actividade | 1912 ![]() ![]() |
Empregador | Black Talent Agency (en) ![]() ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Música clásica e música de salão (pt) ![]() ![]() |
Instrumento | Violín ![]() |
Cronoloxía | |
10 de abril de 1912-15 de abril de 1912 | viaxe de inauguración do RMS Titanic ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Wallace Henry Hartley, nado o 2 de xuño de 1878 e finado o 15 de abril de 1912 no océano Atlántico norte, foi un violinista, director da orquestra que viaxaba no RMS Titanic na súa viaxe inaugural. Fíxose famoso ao dirixir aos oito membros do grupo mentres o barco se afundía o 15 de abril de 1912.
Unha das máis famosas lendas do RMS Titanic é a relativa a súa banda de música. Durante o naufraxio, os oito membros da banda, dirixidos por Wallace, situáronse no salón de primeira clase nun intento de que os pasaxeiros non perderan a esperanza. Máis tarde continuaron tocando na parte de popa da cuberta de botes. Non deixaron de tocar incluso cando xa era seguro que o barco afundiría.