Water | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | वाटर |
Director | Deepa Mehta |
Produtor | David Hamilton |
Guión | Anurag Kashyap |
Intérpretes | Seema Biswas Lisa Ray John Abraham Sarala Kariyawasam Manorama |
Música | A. R. Rahman Mychael Danna |
Fotografía | Giles Nuttgens |
Montaxe | Colin Monie |
Estudio | David Hamilton Productions |
Distribuidora | Fox Searchlight Pictures (USA) Mongrel Media (Canadá) B.R. Films (India) |
Estrea | 9 de setembro de 2005 |
Duración | 114 minutos |
Orixe | ![]() ![]() |
Xénero | Drama |
Recadación | $10 422 387 |
Filme anterior | Earth |
Na rede | |
http://www.foxsearchlight.com/water/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Water é un filme indo-canadense escrito e dirixido por Deepa Mehta que se estreou no 2005. Está ambientado no ano 1938 e explora as vidas dunhas viúvas nunha ashram de Benarés, na India. O filme é o terceiro e derradeiro título da triloxía dos elementos de Mehta. Foi precedido por Fire (1996) e Earth (1998). Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto, e en todo o Canadá en novembro dese ano. Foi estreado na India o 9 de marzo de 2007.[1]
Está protagonizado por Seema Biswas, Lisa Ray, John Abraham e Sarala Kariyawasam, xunto con Kulbhushan Kharbanda, Waheeda Rehman, Raghuvir Yadav e Vinay Pathak nos papeis secundarios. As cancións principais foron compostas por A. R. Rahman, con letras de Sukhwinder Singh e Raqeeb Alam, mentres que a banda sonora é obra de Mychael Danna. A fotografía é de Giles Nuttgens, que xa traballara nos anteriores filmes de Deepa Mehta.
En 2008, Dilip Mehta dirixiu un documental inspirado polo filme, The Forgotten Woman sobre as viúvas da India. Este documental tamén foi escrito por Deepa Mehta.[2]