We Are Chaos | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Marilyn Manson | ||||
Publicado | 11 de setembro de 2020 | |||
Gravación | xuño de 2018 - xaneiro de 2020 | |||
Estudio(s) | The Coil (Hollywood) Station House Studios (Echo Park) Dave's Room (North Hollywood) | |||
Duración | 42:27 | |||
Xénero(s) | Rock alternativo, glam rock, rock gótico | |||
Selo(s) | Loma Vista Recordings, Concord Music | |||
Produtor | Marilyn Manson, Shooter Jennings | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
We Are Chaos é o décimo primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de metal industrial Marilyn Manson, publicado o 11 de setembro de 2020 a través dos selos Loma Vista Recordings e Concord Music. O disco foi producido polo propio Manson xunto con Shooter Jennings. A canción título e "Don't Chase the Dead" foron lanzadas como sinxelos. O álbum foi un éxito comercial e da crítica, acadando recensións xeralmente positivas e converténdose no primeiro número 1 da banda en Portugal,[1] ademais de ser o seu primeiro número 1 en Australia dende o Mechanical Animals de 1998.[2]