Ween | |
---|---|
Mickey Melchiondo (Dean Ween) e Aaron Freeman (Gene Ween) en 1997 | |
Orixe | New Hope (Pensilvania), |
Período | 1984 - 2012 2015 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo, rock experimental, neo-psychedelia, lo-fi, post-punk |
Selo(s) discográfico(s) | Elektra, Chocodog, Sanctuary |
Membros | Dean Ween Gene Ween Dave Dreiwitz Claude Coleman Jr. Glenn McClelland |
Antigos membros | Andrew Weiss |
Na rede | |
http://ween.com | |
Ween é unha banda de rock alternativo formada en 1984 en New Hope (Pensilvania) por Aaron Freeman (Gene Ween) e Mickey Melchiondo (Dean Ween). Despois de centos de gravacións caseiras, Ween conseguiu unha gran base de fans no underground a pesar de ser bastante descoñecidos polo público en xeral.
Aínda que Ween é xeralmente categorizada como unha banda de rock alternativo, é coñecida polo seu altamente ecléctico catálogo de cancións inspiradas polo funk, o soul, o country, o gospel, o rock progresivo, o R&B, o heavy metal ou o punk rock. Tras 28 anos co grupo, Gene Ween abandonou Ween no ano 2012, citando a necesidade de centrarse nos seus problemas de adición ao alcol e ás drogas. En 2015 a banda volvería a xuntarse e xirou extensamente sen plans para editar novo material.[1]