Weezer | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Weezer | ||||
Publicado | 10 de maio de 1994 | |||
Gravación | agosto - setembro de 1993 | |||
Estudio(s) | Electric Lady Studios, Nova York | |||
Duración | 41:17 | |||
Xénero(s) | rock alternativo, powerpop | |||
Selo(s) | DGC Records | |||
Produtor | Ric Ocasek | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Weezer (tamén coñecido coma The Blue Album) é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock alternativo Weezer. Foi editado o 10 de maio de 1994 a través do selo DGC Records. No álbum aparecen os sinxelos "Undone - The Sweater Song", "Buddy Holly" e "Say It Ain't So", que foron os responsables de lanzar á banda ao gran público coa axuda dos seus videoclips dirixidos por Spike Jonze. En agosto do 2009 o álbum levaba vendidas máis de 3,3 millóns de copias nos Estados Unidos e trátase do álbum de Weezer con máis vendas.[1]
No ano 2003 foi colocado no número 299 da lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos"[2].