Weezer | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Weezer | ||||
Publicado | 15 de maio do 2001 | |||
Gravación | decembro do 2000 | |||
Estudio(s) | Cello Studios, Los Angeles, California | |||
Duración | 28:20 | |||
Xénero(s) | rock alternativo | |||
Selo(s) | Geffen Records | |||
Produtor | Ric Ocasek | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Weezer, tamén coñecido coma The Green Album, é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Weezer, editado o 15 de maio do 2001 a través do selo Geffen Records. O álbum converteuse nun éxito comercial en todo o mundo, acadando o número catro na Billboard 200 e entrando nas listas de varios países.
Weezer foi a primeira edición da banda sen o baixista Matt Sharp, que deixou o grupo en 1998 para centrarse no seu propio proxecto, The Rentals. Sharp foi substituído por Mikey Welsh, sendo este o único álbum no que aparece con Weezer.