What The...

What The...
Álbum de Black Flag
Publicado5 de novembro de 2013
Gravación2013
Duración43:55
Xénero(s)hardcore punk
Selo(s)SST Records
ProdutorGreg Ginn
Cronoloxía
Live at the On Broadway 1982
(2010)
What The... -
Na rede
Discogs: 627622 Allmusic: mw0002592575 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

What The... é o sétimo álbum de estudio da banda estadounidense de hardcore punk Black Flag. O disco ía editarse orixinalmente o 5 de novembro de 2013, despois do lanzamento de tres sinxeos promocionais entre maio de xullo.[1][2] Porén, o 5 de novembro o disco foi lanzado tan só a través de servizos de stream en liña como Spotify e Rdio, e o lanzamento físico adiouse ata o día 3 de decembro.[3]

Trátase do primeiro álbum de estudio da banda dende In My Head (1985), marcando a brecha máis longa entre dous álbums de estudo na súa carreira, ademais de ser a súa primeira gravación co vocalista Ron Reyes desde Jealous Again (1980) e do batería Gregory "Drummer" Moore. Este álbum tamén foi a primeira vez desde My War (1984) na que o guitarrista Greg Ginn tocou o baixo nun álbum de Black Flag baixo o nome de Dale Nixon. Tres semanas despois do lanzamento do álbum, Reyes foi despedido durante unha actuación en Australia debido a diferenzas con Ginn. O representante da banda e skater profesional Mike Vallely substituíu a Reyes na voz.[4]

  1. Punknews.org (2013-10-24). "Black Flag to release 'What The...'". www.punknews.org (en inglés). Consultado o 2024-06-03. 
  2. "Black Flag Unveil New 'What The...' Album". Exclaim! (en inglés). Consultado o 2024-06-03. 
  3. Punknews.org (2013-11-05). "Music: Black Flag: 'What The...'". www.punknews.org (en inglés). Consultado o 2024-06-03. 
  4. Lipshutz, Jason (2013-11-27). "Black Flag Singer Ron Reyes Fired Mid-Show". Billboard (en inglés). Consultado o 2024-06-04. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne