O whisky (en gaélico uisce beatha ou uisge-beatha, auga de vida) é unha bebida alcohólica obtida a partir dunha mestura de augardente de malte de cebada con alcohois elaborados por destilación doutros cereais fermentados, como trigo, centeo ou millo. O resultado é unha augardente de alta graduación, de 40º ou máis graos. O whisky é un licor estritamente regulado en todo o mundo con moitas clases e tipos. As características típicas das diferentes clases e tipos son a fermentación de grans, destilación e envellecemento en barrís de madeira.
En Irlanda utilízase a grafía whiskey.