White Blood Cells | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The White Stripes | ||||
Publicado | 2001 | |||
Gravación | febreiro do 2001 | |||
Estudio(s) | Easley-McCain Recording, Memphis, Tennesse | |||
Duración | 40:25 | |||
Xénero(s) | indie rock, garage rock, garage punk, punk blues | |||
Selo(s) | Sympathy for the Record Industry | |||
Produtor | Jack White | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
White Blood Cells é o terceiro álbum da banda estadounidense de garage rock The White Stripes, editado o 3 de xullo do 2001 a través do selo Sympathy for the Record Industry. O disco foi reeditado no ano 2002 despois de que a banda asinase un ontrato co selo V2 Records.
White Blood Cells foi listada como unha das 50 gravacións máis importantes da década polo programa All Songs Considered da emisora estadounidense National Public Radio[1]. A páxina web Rockfeedback situouno no posto 7 da súa lista dos mellores álbums da década[2].