Whitesnake | |
---|---|
Orixe | Middlesbrough, North Yorkshire, Inglaterra |
Período | 1978 – 1990 1994 1997 2002 – presente |
Xénero(s) | hard rock, blues-rock, heavy metal |
Selo(s) discográfico(s) | United Artists, EMI, Geffen, SPV, Mirage, Frontiers |
Membros | David Coverdale Doug Aldrich Reb Beach Brian Tichy Michael Devin Brian Ruedy |
Na rede | |
http://whitesnake.com/ | |
Whitesnake é unha banda inglesa de hard rock fundada en 1978 por David Coverdale despois de deixar o seu anterior grupo, Deep Purple. O primeiro material do grupo foi comparado polos críticos a Deep Purple, pero dende mediados dos 80 comezaron a facer un heavy metal máis comercial. Whitesnake foi nomeada a 85 mellor banda de todos os tempos pola canle VH1. A pesar de que durante moitos anos foi clasificada como unha banda de rock inglesa, todos os membros da encarnación actual, agás Coverdale, naceron nos Estados Unidos.