![]() | Esta páxina contén políticas e normas oficiais da Galipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta Wikipedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices. |
Na Wikipedia calquera pode editar un artigo. Malia iso, hai algunhas accións e algúns labores de mantemento reservadas a unha clase especial de usuarios, coñecidos como administradores. Os administradores son editores da Wikipedia coas capacidades técnicas para realizar varias accións especiais na Wikipedia en galego. Estas tarefas inclúen a capacidade de bloquear ou desbloquear contas de usuarios e enderezos IP impedíndolles a edición, editar páxinas protexidas, protexer e desprotexer as propias páxinas perante a edición, eliminar e restaurar páxinas, ou trocar o nome de páxinas sen restricións entre outras.
Os administradores asumen estas responsabilidades como voluntarios tras pasar un proceso de elección, e non actúan como empregados da Fundación Wikimedia. Por suposto, os administradores tan só poden facer uso das súas funcións seguindo as políticas e normas da Wikipedia.
A Wikipedia en galego ten actualmente 6 administradores.