Artigos de calidade na Galipedia ![]() Esta páxina contén unha lista de artigos que a comunidade da Galipedia considerou dunha excelente calidade. Aquí temos a posibilidade de facer un seguimento de artigos especialmente valiosos, de entre os miles que compoñen a Galipedia. Se atopas un artigo extraordinario na Galipedia que cumpra cos criterios de calidade, engádeo como candidato na páxina de candidatos, onde se someterá a votación e se revisará o seu estilo, integridade, precisión e neutralidade. Nestes intres hai 261 artigos de calidade dun número total de 218 724 artigos existentes na Galipedia. Isto equivale a 1 artigo de calidade por cada 838 artigos (un 0.12%). As edicións da Wikipedia noutras linguas posúen tamén artigos de calidade que poden axudar a mellorar o contido da Wikipedia en galego. A existencia dun artigo de calidade noutra lingua pode ser detectada grazas á presenza dunha pequena estrela ( Cómpre sinalar a diferenza entre un artigo destacado e un de calidade: os destacados abranguen un espectro máis amplo de artigos nos que se encadran os que polo seu interese e pola súa boa realización foron votados pola comunidade para figurar na Portada, mentres que os artigos de calidade teñen que pasar un filtro máis esixente para figurar como un dos mellores traballos da Wikipedia. |
O vieiro cara a un artigo de calidade
Artigos de calidade na Galipedia: |
Índice de artigos de calidade
| |
Contido
| |
|