Wikipedia:Modelos

Esta páxina explica como crear modelos. Para outros tipos de marcadores empregados, véxase Wikipedia:Mensaxes predefinidas.

Un modelo é unha páxina da Wikipedia creada para ser incluída noutras páxinas. A miúdo, os modelos conteñen material repetitivo que se debe incluír en moitas páxinas. Os modelos máis comúns son as:

Un exemplo de caixa de información é a que inclúen na parte dereita todos os concellos de Galicia: Modelo:Xeografía política. O modelo inclúe un cadro estándar coa información máis relevante sobre o concello. Como exemplo de caixa de navegación pódese citar o seguinte Modelo:Vitaminas. Para introducilo na páxina, basta con usar o método de transclusión empregando a seguinte sintaxe: {{Vitaminas}}. Outro método de inclusión é a substitución, coa que o contido do modelo queda copiado na páxina onde se inclúa, unha vez gardada (por exemplo: {{subst:Benvida}}).


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne