Nome completo | Williams Racing |
---|---|
Bandeira coa que compite | Reino Unido |
Base en | Grove, Oxfordshire, Reino Unido |
Xefe de Equipo | James Vowles |
Director Técnico | Pat Fry |
Pilotos | 23. Alexander Albon[1] 55. Carlos Sainz[2] |
Pilotos de probas | |
Chasis | FW46 |
Motor | Mercedes M15 E Performance |
Pneumáticos | Pirelli |
Debut | Como equipo Gran Premio de España de 1977 Como construtor Gran Premio da Arxentina de 1978 |
Carreiras | 'Como equipo 838 (834 saídas) Como construtor 827 (826 saídas) |
Campionatos de Construtores | 9 (1980, 1981, 1986, 1987, 1992, 1993, 1994, 1996, 1997) |
Campionatos de Pilotos | 7 (1980, 1982, 1987, 1992, 1993, 1996, 1997) |
Vitorias | 114 |
Pole positions | 128 |
Voltas Rápidas | 133 |
Puntos totais | - |
Posición no campionato | 9º (17 ptos.) |
Williams Grand Prix Engineering Limited, compite na Fórmula 1 como Williams Racing, é un equipo e construtor británico de Fórmula Un. Fundado por Sir Frank Williams (1942–2021) e o enxeñeiro Patrick Head. O equipo formouse en 1977 logo de dous intentos fracasados de Frank Williams na F1: Frank Williams Racing Cars (1969 a 1975) que máis tarde se convertería en Wolf–Williams Racing (1976). O equipo está baseado en Grove, Oxfordshire, nun sitio de 60-acre (24 ha).[3] Todos os chasis Williams F1 chámanse "FW" e logo un número, sendo o FW as iniciais do dono do equipo, Frank Williams. O equipo logrou grandes éxitos nos anos 80 e 90 e segue sendo un dos grandes equipos da Fórmula 1.
A primeira carreira do equipo foi o Gran Premio de España de 1977, onde o novo equipo correu un chasis March para Patrick Nève. Williams comezou a fabricar os seus propios coches ao ano seguinte, e Clay Regazzoni gañou a primeira carreira de Williams no Gran Premio do Reino Unido de 1979. No Gran Premio de Gran Bretaña de 1997, Jacques Villeneuve logrou a vitoria número 100 do equipo, facendo de Williams un dos únicos catro equipos da Fórmula Un, xunto á Ferrari, McLaren , e Mercedes en gañar 100 carreiras. Williams gañou nove Campionatos de Construtores entre 1980 e 1997. Este foi un récord ata que Ferrari gañou o seu décimo campionato en 2000. Gañaron o seu primeiro campionato mundial co piloto Alan Jones en 1980. Logo seguíronlle Keke Rosberg en 1982, Nelson Piquet en 1987, Nigel Mansell en 1992, Alain Prost en 1993, Damon Hill en 1996 e Jacques Villeneuve en 1997. Os últimos deses catro campionatos logrounos o equipo xunto cos motores Renault V10 que dominaron os anos 90. O equipo é coñecido por darlle máis importancia ao campionato de construtores. Gañaron 9 títulos de construtores e só 7 de pilotos.
As mellores temporadas da escudaría foron as de 1992 e 1993. Nestas tempadas obtiveron ademais do mundial de construtores, o mundial de pilotos. Os Williams FW14 e o FW15 eran un verdadeiro alarde de electrónica. Parte desa electrónica que utilizaba o equipo foi prohibida pola FIA posteriormente.
A tempada de Fórmula 1 de 1994 ficou marcada pola contratación de Ayrton Senna e a súa morte no Gran Premio de San Marino, ao volante dun Williams. Frank Williams, Patrick Head e Adrian Newey (Os dous últimos deseñadores do coche) foron procesados, máis non foron condenados. David Coulthard e Nigel Mansell remataron ese ano a tempada, e tamén ese ano Damon Hill perdeu o título de pilotos por un punto.
A fase máis vitoriosa da Williams acabou en 1997, en gran parte pola perda dos motores Renault, que retiráronse da Fórmula 1. Nas temporadas de 1998 e 1999 cos motores non-oficiais da Renault, Mecachrome e Supertec respectivamente, Williams conquistou os postos 3° e 5° no campionato de construtores, sen oportunidades de vitoria.
Williams traballou con moitos fabricantes de motores, o máis exitoso con Renault, gañando cinco dos seus nove títulos de construtores coa compañía francesa. Xunto con Ferrari, McLaren, Benetton e Renault, Williams forma parte dun grupo de cinco equipos que gañaron varios campionatos de construtores entre 1979 e 2008 e varios campionatos de pilotos entre 1984 e 2008.
Williams F1 tamén ten intereses comerciais máis alá das carreiras de Fórmula Un. Con sede en Grove, Oxfordshire, Reino Unido, Williams estableceu Williams Advanced Engineering e Williams Hybrid Power que toman a tecnoloxía desenvolvida orixinalmente para a Fórmula Un e a adaptan para aplicacións comerciais. En abril de 2014, Williams Hybrid Power vendeuse a GKN. Williams Advanced Engineering tivo un centro tecnolóxico en Qatar ata que pechouse en 2014.
En maio de 2020, Williams anunciou que buscaban compradores para unha parte do equipo debido ao mal rendemento financeiro en 2019 e que rescindiran o contrato do patrocinador principal ROKiT. O 21 de agosto de 2020, Williams foi adquirida por Dorilton Capital.
Frank e Claire Williams deixaron de ser xestores e subdirectores do equipo o 6 de setembro de 2020, sendo o Gran Premio de Italia de 2020 a súa última vez nos seus respectivos cargos.[4]
|orig-date=
ignorado (Axuda)