Windows 95

Microsoft Windows 95
DesenvolvedorMicrosoft
Familia de S.O.Windows
Modelo de desenvolvementoSoftware non libre
NúcleoWin16
Tipo de núcleoWin16 (principal) e tamén soporta Win32
LicenzaMicrosoft CLUF (EULA)
Última versión estable4.00.950C 24 de agosto de 1997
Estado actualSen soporte dende o 31 de decembro de 2001

Windows 95 foi un sistema operativo con interface gráfica de usuario híbrido de entre 16 e 32 bits. Foi publicado o 24 de agosto de 1995 pola empresa de software Microsoft con notable éxito de vendas.

Substituíu a MS-DOS como sistema operativo e a Windows 3.x como contorna gráfica. Encádrase dentro da familia de sistemas operativos de Microsoft denominada Windows 9x. Na versión OSR2 incorporou o sistema de arquivos FAT32 ademais do primeiro indicio do entón novo USB.

Os seus sucesores directos foron Windows 98 e Windows ME. Coa unificación das liña profesional e a doméstica con Windows XP, esta familia de sistemas Windows aínda continúa o seu desenvolvemento con Windows 10, o máis recente sistema operativo de Microsoft.

Existen versións tanto en disquetes como en CD-ROM. A versión en 13 disquetes utilizaba un formato non estándar coñecido como DMF que lles permitía almacenar unha capacidade maior á nominal de 1.44 MB. A versión en CD-ROM ofrecía unha selección de accesorios e complementos multimedia moito maior, ademais dalgúns controladores de dispositivos, xogos e versións de demostración dalgúns programas.

Durante a instalación creábase un disquete de rescate, con MS-DOS 7.0 . Esta versión de MS-DOS estaba restrinxida, xa que inhabilitaba certas partes que con anteriores versións estaban dispoñibles a través da BIOS do PC, como o acceso ao porto serie, na que unha chamada é simplemente devolta sen modificación algunha, apuntando a unha instrución RET, mentres que con versións anteriores, aínda apuntaban á rutina existente na propia BIOS.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne