Windows XP | |
---|---|
![]() | |
Desenvolvedor | Microsoft |
Familia de S.O. | Windows NT |
Lanzamento | 25 de outubro de 2001 |
En galego | Si |
Modelo de desenvolvemento | Software non libre |
Núcleo | NT |
Tipo de núcleo | Híbrido |
Licenza | Microsoft CLUF EULA |
Última versión estable | 5.1.2600.5512 Service Pack 3 (SP3) (x86) 20 de abril de 2008 |
Estado actual | sen soporte técnico |
Precedido por | Windows ME |
Sucedido por | Windows Vista |
Sitio web | www.microsoft.com |
O Windows XP foi un sistema operativo de Microsoft lanzado o 25 de outubro de 2001. Foi a primeira versión do sistema operativo Windows que unía as versións domésticas (95, 98, ME) coas profesionais (NT). Por ese motivo é considerado por moitos como a maior actualización destes sistemas dende a saída de Windows 95. A sigla «XP» ven da palabra inglesa «experience» (experiencia). O seu nome chave inicial era Whistler.
En xuño do 2004, Microsoft en colaboración coa Xunta de Galicia sacou unha extensión que permite ter este sistema operativo en galego.[1]