Winnie-the-Pooh, é un personaxe de ficción (un osiño amarelo) creado por A.A. Milne. A primeira colección de contos apareceu no 1926 titulada simplemente Winnie-the-Pooh e seguiu con The House at Pooh Corner (1928). Milne tamén fixo algúns poemas sobre este personaxe incluídos na obra When We Were Very Young (Cando eramos moi novos) (1924) e en Now We Are Six (Agora somos seis) (1927). Os catro volumes foron ilustrados por E.H. Shepard.
A Compañía Walt Disney adaptou os contos con grande éxito.
Traduciuse a numerosos idiomas, incluído o latín (Winnie ille Pu) en 1958.