Bandeira de Bolivia | |
---|---|
![]() | |
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:1 |
Adopción | 5 de agosto de 2009 |
Cores | Amarelo Laranxa Vermello Violeta Azul Verde Branco |
A Wiphala (pronunciación quechua: [wɪˈpʰɐlɐ]) é unha bandeira cadrada que representa algúns dos pobos indíxenas dos Andes, que viven nas actuais Bolivia, Perú, Ecuador e partes da Arxentina, Chile e Colombia,[1][2][3] mesmo entre os guaranís de Paraguai.[4] O artigo 6, sección II da constitución de Bolivia de 2009 estabeleceu a Wiphala do Collasuyu como a bandeira de Bolivia xunto coa vermella, amarela e verde.[5][6]
Existen diferentes variedades modernas, que representan á Confederación Inca (Tawantin Suyu) e cada unha das catro antigas rexións (suyus). Todas elas están compostas por un deseño cadrado 7 × 7 en sete cores, dispostos en diagonal. A configuración precisa varía en función do suyu representado polo emblema. A cor da liña diagonal máis longa (con sete cadrados) corresponde a unha das catro rexións que representa a bandeira: branco para o Collasuyu, amarelo para o Kuntisuyu, vermello para o Chinchaysuyu e verde para Antisuyu. O rebelde indíxena Túpac Katari asóciase ás veces con outras variantes.