With the Lights Out | ||||
---|---|---|---|---|
Box set de Nirvana | ||||
Edición | 23 de novembro do 2004 | |||
Gravación | marzo de 1987 - marzo de 1994 | |||
Duración | 315:25 | |||
Xénero(s) | grunge, rock alternativo | |||
Selo(s) | DGC Records | |||
Producido por | Jack Endino, Greg Babior, Steve Fisk, Butch Vig, Craig Montgomery, Steve Albini, Lance Bangs | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
With the Lights Out é un box set, formado por 3 CDs e un DVD de rarezas, da banda estadounidense de grunge Nirvana, editado o 23 de novembro do 2004. O seu título fai referencia á liña "with the lights out, it's less dangerous" do seu tema "Smells Like Teen Spirit". With the Lights Out estableceu un novo récord de vendas dun box set nunha única semana, ao vender 105.760 unidades.