With Teeth | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Nine Inch Nails | ||||
Publicado | 27 de abril do 2005 | |||
Gravación | setembro - decembro do 2004 | |||
Duración | 56:05 | |||
Xénero(s) | rock industrial, rock alternativo, rock electrónico, synthpop | |||
Selo(s) | Interscope, Nothing | |||
Produtor | Trent Reznor, Alan Moulder | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
With Teeth é o quinto álbum de estudio da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails, editado o 27 de abril do 2005 a través do selo Interscope Records. O álbum foi producido polo líder da banda Trent Reznor e polo seu vello colaborador Alan Moulder. Foi o primeiro álbum de estudio orixinal de Reznor dende a aparición de The Fragile en 1999. With Teeth converteuse nun inmediato éxito comercial, estreándose no número 1 da lista Billboard 200 e vendendo 272.000 copias na súa primeira semana. O álbum xerou tres sinxelos: "The Hand That Feeds", "Only" e "Every Day Is Exactly the Same", acadando os tres o número 1 da lista da Billboard Hot Modern Rock Tracks.