O Worcester Rugby Football Club é un club de rugby da cidade de Worcester (Inglaterra) que actualmente compite na Aviva Premiership, logo de ascender na tempada 2014-15 da RFU Championship, á segunda categoría do rugby inglés. O club é tamén coñecido polo seu alcume Warriors. Tamén compite na British and Irish Cup a raíz do seu descenso, anteriormente competira na Copa anglo-galesa, nas competicións europeas e na Guinness A League. Mantén rivalidade veciñal con Gloucester e Bristol. Xoga os seus partidos como local no Sixways Stadium.