Wozzeck

Wozzeck
Cartel de Wozzeck de 1974 obra de Hans Heinrich Palitzsch.
FormaÓpera
Actos e escenas3 actos
Idioma orixinal do libretoAlemán
LibretistaAlban Berg
Fontes literariasWoyzeck, de Georg Büchner
Estrea14 de decembro de 1925
Teatro da estreaStaatsoper Unter den Linden
Lugar da estreaBerlín
Duración1 hora 30 minutos
Música
CompositorAlban Berg
Personaxes

Wozzeck (barítono)
Marie (soprano)
Fillo de Marie (tiple)
Hauptmann (tenor)
Doktor (baixo)
Tambourmajor (tenor)
Andres (tenor)
Margret (contralto)
2 obreiros (baixo e barítono)
Un tolo (tenor)
Un soldado (barítono)

Wozzeck é unha ópera en tres actos con música de Alban Berg e libreto en alemán do propio compositor, baseado na obra teatral inconclusa de Georg Büchner, Woyzeck. Trátase da primeira e máis famosa das óperas de Alban Berg. Foi estreada o 14 de decembro de 1925 na Staatsoper Unter den Linden de Berlín baixo a dirección de Erich Kleiber. Está considerada por algúns académicos como a mellor ópera do século XX,[1] e a pesar do seu estilo desafiante ocupa un sólido lugar no repertorio tradicional, representándose cada ano en diversos lugares do mundo.

A calidade da obra (en particular, a caracterización das situacións con técnicas musicais claramente definidas) convértea nunha ópera moderna que satisfai ata o oínte máis tímido. Wozzeck evita os estereotipos operísticos, sendo seria e persuasiva ao mesmo tempo.

  1. Wozzeck en solomonsmusic.net Arquivado 23 de abril de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne