XXY | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | XXY |
Director | Lucía Puenzo |
Produtor | Luis Puenzo José María Morales Carla Pelligra Fernando Sirianni Fabienne Vonier |
Guión | Lucía Puenzo |
Intérpretes | Ricardo Darín Valeria Bertuccelli Inés Efron Martín Piroyansky Carolina Peleritti |
Música | Andrés Goldstein Daniel Tarrab |
Fotografía | Natasha Braier |
Montaxe | Alex Zito |
Estudio | Cinéfondation Ministerio de Cultura de España |
Distribuidora | Distribution Company (Arxentina) Pyramide Distribution (Francia) |
Estrea | Festival de Cannes: 20 de maio 2007![]() |
Duración | 91 minutos[1] |
Orixe | ![]() ![]() ![]() |
Xénero | Drama |
Recadación | 2 728 869 dólares |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
XXY é un filme de 2007 coproducido entre a Arxentina, España e Francia, e escrito e dirixido por Lucía Puenzo. Está protagonizado por Ricardo Darín, Valeria Bertuccelli, Inés Efron e Martín Piroyansky. O filme conta a historia dunha persoa intersexual de 15 anos, o xeito en que a súa familia afronta a súa condición e a decisión definitiva que finalmente ten que facer para definir a súa identidade de xénero.
XXY recibiu moi boas valoracións por parte da crítica, gañando o premio da Semana da Crítica no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2007, así como o premio ACID/CCAS Support.[2] Foi escollido como candidato da Arxentina para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 80ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.