As xantofíceas, Xanthophyceae, ou algas amarelo-verdosas son un importante grupo de algas heterocontas. Predominan nas augas doces aínda que algunhas especies se atopan en ambientes mariños e en solos. As súas formas varían tal que van desde ser especies unicelulares flaxeladas a colonias filamentosas simples. O que caracteriza a esta clase é un flaxelo frontal con pelame.[7]
Os cloroplastos das xantofíceas conteñen os pigmentos clorofila a, clorofila c, β-caroteno e o carotenoide diadinoxantina.[8] A contra doutros heterocontos, os seus cloroplastos non teñen fucoxantina, o que lle daría unha cor máis clara. Os cloroplastos están rodeados por dúas membranas de retículo endoplasmático. A membrana exterior do retículo endoplasmático do cloroplasto é continua á membrana do núcleo celular. O "punto ocular" que posúen as células móbiles está sempre no cloroplasto.[7] Acumulan polisacáridos en forma de crisolaminarina.[8] As paredes celulares das xantofíceas están compostas de celulosa e hemicelulosa.[8] En case todas as súas células que non son móbiles a parede celular componse de dúas pezas superpostas.
O seu grupo filoxenético máis próximo son os feófitos.[7]
- ↑ Allorge, P (1930). "Heterocontées ou Xanthophycées?". Rev. Alg. 5: 230.
- ↑ Fritsch, F.E. (1935) The Structure and Reproduction of the Algae. Volume I. Introduction, Chlorophyceae, Xanthophyceae, Chrysophyceae, Bacillariophyceae, Cryptophyceae, Dinophyceae, Chloromonadineae, Euglenineae, Colourless Flagellata. Cambridge University Press, Cambridge.[cómpre nº de páxina]
- ↑ Lüther, A. (1899). "Über Chlorosaccus eine neue Gattung der Süsswasseralgen". Bihang til Kongliga Svenska Vetenskaps-Akademiens Handlingar 24: 1–22. OCLC 178060545.
- ↑ Hibberd, D. J. (febreiro de 1981). "Notes on the taxonomy and nomenclature of the algal classes Eustigmatophyceae and Tribophyceae (synonym Xanthophyceae)". Botanical Journal of the Linnean Society 82 (2): 93–119. doi:10.1111/j.1095-8339.1981.tb00954.x.
- ↑ Leedale, G.F. (1985). "Order 5, Heteromonadida Leedale, 1983". En Lee, John J.; Hutner, Seymour Herbert; Bovee, Eugene C. An illustrated Guide to Protozoa. Lawrence, Kansas: Society of Protozoologists. pp. 70–. [cómpre nº de páxina]
- ↑ Hiberd, D. J. (1990). "Phylum Xanthophyta". En Margulis, L.; Corliss, J. O.; Melkonian, M.; et al. Handbook of Protoctista. Boston, Massachusetts, USA: Jones and Bartlett Publishers. pp. 686–97.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Robert Edward Lee. 2008. Phycology. Fourth edition. Cambridge University Press. isbn: 9780521682770.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 Stace, Clive A. (1991). Plant Taxonomy and Biosystematics. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-42785-2. [cómpre nº de páxina]