Un xarope ou xaropada (do árabe شراب xarab a través do latín: sirupus) é un líquido de consistencia viscosa, que polo xeral contén solucións concentradas de azucres, como a sacarosa, en auga ou noutro líquido ás que se lles adoita engadir zume de froitas, herbas, ou un aromatizante.
Se se emprega auga purificada soamente para preparar unha solución de sacarosa, a preparación coñécese co nome de xarope simple.
Pola contra, se a preparación contén algún principio activo engadido emprégase o nome de xarope medicado.