Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Xenocidio armenio | |
---|---|
![]() | |
Tipo | xenocidio, violencia étnica e migración forzada ![]() |
Localización | |
Coordenadas | 41°N 29°L / 41, 29 |
Localización | Imperio Otomán, Armenia Occidental e Seis vilaietes ![]() |
País | Imperio Otomán ![]() |
Data | |
Data | 1915 ![]() |
Período | |
Características | |
Obxectivo | pobo armenio e Ottoman Armenian population (en) ![]() ![]() |
Perpetrador | Exército Otomano (pt) ![]() ![]() |
Perdas | |
Vítima | Ottoman Armenian casualties (en) ![]() ![]() |
Mortes | 1.200.000 ![]() |
Na rede | |
![]() | |
[ Wikidata ] |
O xenocidio armenio (en armenio: Հայոց ցեղասպանություն; Hayots tseghaspanutyun, e en turco: Ermeni Soykırımı) (tamén coñecido coma holocausto armenio ou masacre armenio) é o termo normalmente empregado para facer referencia á deportación masiva e á morte durante a mesma dun número indeterminado de civís armenios, estimado en varios centos de miles ou máis dun millón, no goberno dos Mozos Turcos no Imperio Otomán, dende 1915 até 1917, durante a primeira guerra mundial.
Varios puntos en relación co xenocidio armenio son aínda hoxe materia dunha ardua discusión entre Turquía e a comunidade internacional. Aínda que non nega que os asasinatos de civís armenios ocorreran na realidade, o goberno turco non admite que se tratase dun xenocidio, argumentando que as mortes non foron a resulta dun plan de exterminio masivo organizado polo estado otomán, senón que, en troques, foron causadas polas loitas étnicas, as enfermidades e a fame durante o confuso período da primeira guerra mundial. A pesar desta tese, case tódolos estudosos -até algúns turcos- opinan que os feitos encádranse na definición actual de xenocidio. Unha listaxe crecente de países recoñecen oficialmente a autenticidade do "Xenocidio armenio".
Nestes intres son 29 os Estados que oficialmente o definen coma un xenocidio.