Xeorxia[1] é un país situado no límite entre Asia e Europa[2] localizado na costa do mar Negro, ao sur do Cáucaso, que se independizou da Unión Soviética, tras ser a República Socialista Soviética de Xeorxia. Limita ao norte e ao leste con Rusia, ao leste e sur con Azerbaidján, ao sur con Armenia e Turquía, e ao oeste co Mar Negro. A súa capital é Tbilisi.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xeorxiano.
- ↑ Dependendo das fontes, considérase que Xeorxia é un país asiático ou europeo. A ONU (ver a súa clasificación das rexións do mundo) sitúa a Xerxia en Asia occidental; The World Factbook Arquivado 16 de outubro de 2015 en Wayback Machine., da CIA, National Geographic e a Encyclopædia Britannica tamén considera que Xeorxia se encontra en Asia. Non obstante, existen outras fontes segundo as cales é un país europeo, como a BBC, os dicionarios Oxford Reference Online e Merriam-Webster's Collegiate Dictionary, e www.worldatlas.com.