Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
A Xermania[1], chamada Xermania Magna ou Xermania Ulterior foi, segundo a etnoloxía xeográfica da Antiga Roma, unha ampla zona da Europa central que non estivo suxeita ao dominio romano (se non parcialmente e por períodos curtos), que se estendeu ao leste do Rin, na que se asentaban a maioría das tribos xermánicas. Na época de Augusto, os romanos emprenderon a conquista a partir do ano 12 a.C.. No ano 6 a.C., toda de Alemaña ata o río Elba foi ocupada e pacificada. A consolidación da conquista de Xermania Magna de Alemaña non tivo lugar despois da derrota romana na batalla da fraga de Teutoburgo, no ano 9 d.C. Pero Arminio sería asasinado por leales a Roma e no seu lugar ocuparía o trono o seu sobrino Itálico, retornando Xermania ao Imperio.[2]
Xermania foi o nome dado polos romanos a unha rexión centroeuropea, equivalente a grandes liñas coa actual Alemaña, poboada por pobos xermanos.
Tácito di que o nome de "xermano" levábano inicialmente os tungros e que despois o nome estendeuse ao conxunto de pobos. Pero outros autores din que "xermano" foi o nome dado en latín ás tribos e pobos xermánicos, do mesmo xeito que se falaba de galos e celtas. Os historiadores modernos inclínanse pola segunda opción.