Xingu | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Xingu |
Director | Cao Hamburger |
Produtor | Fernando Meirelles Andrea Barata Ribeiro Bel Berlinck |
Guión | Cao Hamburger Elena Soarez Anna Muylaert |
Intérpretes | João Miguel Felipe Camargo Caio Blat |
Música | Beto Villares |
Fotografía | Adriano Goldman |
Montaxe | Gustavo Giani |
Estudio | O2 Filmes Globo Filmes |
Distribuidora | Downtown Filmes RioFilme |
Estrea | Festival de Cinema do Amazonas: 3 de novembro de 2011[1]![]() |
Duración | 102 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Orzamento | 14–16 millóns de reais[3][4] |
Recadación | 3 898 283 reais[5] |
Na rede | |
http://www.xinguofilme.com.br/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Xingu é un filme brasileiro de 2011 dirixido por Cao Hamburger e escrito por el, Elena Soárez e Anna Muylaert. Está protagonizado por João Miguel, Felipe Camargo e Caio Blat e conta a historia dos tres irmáns Villas-Bôas dende o momento que se uniron á expedición Roncador-Xingu, parte da marcha cara ó oeste de Getúlio Vargas en 1943.
Foi rodado en Tocantins, no parque indíxena do Xingu, e na rexión metropolitana de São Paulo.[3][6] O filme foi exhibido por vez primeira en 2011, na 8ª edición do Festival de Cinema do Amazonas. A estrea oficial realizouse o 6 de abril de 2012. O filme foi visto por máis de 370 000 espectadores e recadou máis de catro millóns de reais nos portelos.[7] Foi adaptado á televisión en catro episodios estreados en Rede Globo entre o 25 e o 28 de decembro de 2012.[8]