Xinkgo Rango fósil: Pérmico, holoceno | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Follas de Ginkgo biloba | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
En perigo | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
''Ginkgo biloba'' L., Mant. Pl., vol. 2: 313, 1771 |
O xinkgo[1] (Ginkgo biloba L.) é unha árbore considerada coma exemplo de fósil vivente. É a única representante na actualidade das Ginkgophyta, unha división das plantas da que o resto de especies só se coñecen por mostras fosilizadas. Malia a súa semellanza aparente coas plantas espermatófitas ou fanerógamas, o xinkgo pertence coma as coníferas ó grupo das ximnospermas (Gymnospermae), ou plantas de semente espida. O nome xinkgo ten a súa orixe na palabra xaponesa Ginkyō, que á súa vez está derivada da chinesa Yín Xìng (albaricoque prateado).
Os xinkgos son orixinarios do leste de Asia, onde se cultiva pola súa semente ou para fornecer material de construción. Foron traídos a Europa por mariñeiros neerlandeses. Fóra do seu hábitat natural adoitan cultivarse con fins decorativas. Ademais valóranse moito coma árbores urbanas, xa que aguantan moi ben a contaminación.[2]